
[20/05/2022]
A conmemoración do centenario da actriz María Casares conta cunha nova achega audiovisual coa estrea de dúas pezas realizadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co apoio da Xunta no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Baixo o título María Casares: Voces para un centenario, ambas as fitas conforman un díptico que retrata a emblemática actriz desde diferentes perspectivas e que xa pode verse na canle de YouTube da Secretaría Xeral de Política Lingüística como María Casares. O deber da memoriae María Casares e o Festival de Avignon. [+]
[20/05/2022]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das novas axudas para a promoción de videoxogos, que a Xunta dota cun fondo de 500.000 euros a través do Hub Audiovisual da Industria Cultural. Este investimento reverterá na realización dun mínimo de oito novos proxectos de videoxogos, que deberán ser desenvolvidos ata o 1 de xullo de 2023 por profesionais ou pemes con sede na nosa Comunidade. [+]
[19/05/2022]
A Xunta de Galicia pon en marcha tres novas producións do Centro Dramático Galego (CDG) para a temporada 2022-2023, coa publicación mañá no Diario Oficial de Galicia da convocatoria para a contratación de 18 intérpretes. Os títulos provisionais das estreas son Recortes, caneos e outras formas de driblar, con Tito Asorey como director; Shakespeare en Roma, con catro equipos de dirección, e Un hotel de primeira sobre o río, que leva a escena o texto de Xohana Torres codirixido por Gonçalo Guerreiro e María Torres. [+]
[18/05/2022]
O espectáculo sobre María Casares Continente María, coproducido polo Centro Dramático Galego, Ainé Producións, A Quinta do Cuadrante e o Concello da Coruña, chega mañá xoves ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde se ofrecerán oito funcións ao longo de dúas semanas. Anunciouno hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha rolda de prensa que contou coa participación do produtor da peza, Xosé A. Touriñán; o director, Tito Asorey, e a actriz Melania Cruz, como elenco, ademais da do director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. [+]
[16/05/2022]
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiron esta tarde á preestrea no Teatro Jofre de Ferrol de Rapa, a nova serie de Portocabo e Movistar+, que poderá verse nesta plataforma a partir do vindeiro xoves 19. O titular de Cultura do Goberno galego felicitou a todo equipo implicado nesta “ambiciosa produción”, que puxo como exemplo do enorme potencial de Galicia como escenario de rodaxes, tanto pola súa riqueza paisaxística como pola contrastada calidade dos servizos e profesionais da nosa industria audiovisual. [+]Avisos
AXUDAS AGADIC 2022
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL. Axudas para a promoción de videoxogos
-Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura
-Subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: adxudicación
-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: convocatoria
-Subvencións a festivais do sector audiovisual: adxudicación
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
CIRCUÍTOS DE ESPECTÁCULOS
-Cultura no Camiño 2022: inscrición de espectáculos e concertos ata o 20 de maio
GALICIA ESCENA PRO 2022
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|