-Plan Integral para a Danza de Galicia: resultado do proceso de participaciˇn p˙blica

[19/04/2021] Rematado o proceso de participación cidadá como parte da elaboración do Plan Integral para a Danza de Galicia, publícase o documento* que recolle a totalidade de achegas recibidas na forma indicada e no prazos previsto (do 2 ao 22 de marzo de 2021).

(*) En transcrición literal.


- Relación de achegas do proceso de participación cidadá


__________________________________________________


[01/03/2021] O actual sistema cultural, e a danza en particular, precisan unha redefinición e revisión dos seus alicerces, intereses e necesidades para potenciar e manter o seu papel protagonista entre a cidadanía. Evidentemente, os principais actores deste cambio son os profesionais da danza nos seus diferentes eidos (o da xestión, o da creación, o da programación, o da difusión, o da empresa, o académico…) en constante colaboración e diálogo coas administracións. Xa que logo, cómpre ter unha visión actual clara e real da danza para poder traballar nos retos que se terán que superar no presente e no futuro, e, por suposto, coñecer a situación dos recursos cos que o sector da danza conta no seu conxunto.

A Xunta de Galicia, consciente dos grandes retos polos que está a pasar na actualidade a danza na nosa Comunidade, constituíu un grupo de traballo formado por representantes do sector co fin de establecer, a partir dun marco de referencia concreto, os obxectivos e actuacións necesarias para adecuar a danza ás necesidades reais do contexto galego, e para establecer tamén as estratexias conxuntas que melloren a súa situación futura.

> Obxectivos:

  1. Dar a coñecer todos os recursos existentes do sector e coñecer as súas potencialidades, impulsando a investigación e a reflexión sobre a danza.
  2. Apoiar e impulsar o talento e o proceso creativo no sector da danza con todos os medios que sexan posibles.
  3. Fortalecer a industria cultural ao redor da danza.
  4. Estender a produción, distribución e difusión da danza por todo o territorio de Galicia, achegando a danza a novos públicos e favorecendo a inclusión e a participación na danza de toda a sociedade.
  5. Fomentar a presenza da danza galega fora das nosas fronteiras.
  6. Canalizar calquera acción que potencie e mellore o sector académico e formativo da danza en Galicia.
  7. Propiciar medidas que favorezan unha maior colaboración entre as administracións, e entre estas e os axentes responsables da danza, co fin de xerar sinerxías e crear contidos de interese para o desenvolvemento do sector.
> Remisión de propostas:
Ábrese unha canle de comunicación coa cidadanía para que expresen as súas ideas de mellora para o sector da danza. Con esta finalidade, establécese un período de remisión de propostas mediante o uso do seguinte email:

planintegraldanza.agadic@xunta.gal


Poderán enviarse suxestións sobre o sector cultural da danza (melloras, actuacións, análises, plans, redes, aspectos académicos, de xestión de público, organizativos, de promoción e difusión...), para o que se deberá utilizar en todo caso o seguinte:

-Formulario de participación (arquivo .pdf editable)
-Formulario de participación (arquivo .doc)



> Período de remisión de propostas:
Vinte días naturais a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio (do 2 ao 22 de marzo de 2021)

> Documento de consulta:

-Plan Integral para a Danza de Galicia. Guía de elaboración