
[08/08/2022]
A Xunta de Galicia acaba de facer pública a resolución de concesión da súa convocatoria anual de subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais, a través da que inviste 2,5 millóns de euros en 14 novos filmes e series presentados por 13 empresas galegas do sector. Trátase da liña de axudas de maior dotación das oito que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicará este ano especificamente para o audiovisual galego, tanto a través do programa anual de fomento do seu departamento de Industrias Culturais como do apoio extraordinario que están a supoñer as diferentes medidas habilitadas no marco do Hub Audiovisual.
[+]
[05/08/2022]
A Xunta de Galicia contribúe ás programacións culturais de Burela, Foz, Viveiro e Ribadeo con 24 actuacións artísticas que se ofrecerán neste segundo semestre a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O cartel en Burela deste circuíto de exhibición de espectáculos, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto ás entidades locais asociadas, arrancará mañá cun concerto da Banda da Loba. A formación presentará o seu novo disco, Xabón Lagarta, ás 22,00 h. na praza do Concello.
[+]
[04/08/2022]
Festaclown regresa a Vilagarcía de Arousa do 17 ao 21 de agosto cunha vintena de actuacións de compañías e artistas de referencia no mundo do circo, tanto dentro como fóra de Galicia. Durante cinco días sucederanse en diferentes espazos da localidade espectáculos de acrobacias, música, narración e clown, que conforman no seu conxunto un amplo programa escénico para o que a organización conta un ano máis co apoio económico da Xunta. [+]
[03/08/2022]
O Centro Dramático Galego e Ainé acaban de iniciar os ensaios da súa produción Recortes, caneos e outras formas de driblar, coa que arranca a nova temporada 2022-2023 da unidade teatral da Xunta de Galicia. Baixo a dirección de Tito Asorey, o espectáculo ofrecerá un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo do fútbol, con Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta nas interpretacións. [+]
[02/08/2022]
A organización de Culturgal está a aproveitar o verán para ultimar os detalles dunha 15ª edición na que a súa nova dirección procurará a renovación do modelo feiral, o impulso da comunicación e a potenciación do encontro entre o sector cultural e o público. Para acadar estes e outros obxectivos, o evento que terá lugar en Pontevedra do 25 ao 27 de novembro conta un ano máis co apoio económico da Xunta de Galicia.
[+]Avisos
AUDIOVISUAL
-Spanish Screenings On Tour: convocatorias abertas (xeral e proxectos en desenvolvemento)
AXUDAS AGADIC 2022
-Subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos: adxudicación
-Subvencións a festivais de artes escénicas e de música: adxudicación
-Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais: adxudicación
-Subvencións á creación escénica: adxudicación
-HUB AUDIOVISUAL DA INDUSTRIA CULTURAL: Instrucións detalladas relativas ás obrigas de publicidade
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
DANZA
-Centro Coreográfico Galego: Formación en danza para profesionais
Carteleira
Vídeos
Olladas
|
|
|